Abau 2020

Nesets temas de pandemia, as ABAU adáptanse ao alumnado.

A gran novidade é que non haberá que elixir entre opción A e B, con todo o que eso conlevaba de preocupación por escoller o axeitado para cada un. Agora poderás escoller as preguntas que ti queiras para chegar ata un máximo de 10 puntos. Comproba en https://ciug.gal/gal/abau/modelos

Aínda que o índice de probas superadas soe ser de máis do 90%, e que a nota do Bacharelato tén máis importancia que a das probas, é normal sentir inquedanza e certa ansiedade.

Entre as cousas que poden preocupar é a de competir ben sen ter ritmo, e fora de periodo habitual. Asimesmo a preocupación habitual é a de se co que saia de nota vai ser abondo para cursar os estudos superiores que máis prefiras. É habitual sacar entre 1 e 2 puntos menos que a nota de 2º de BAC. Se non se entra na primeira opcións desexada sempre se poden cursar graos que estén na área de traballo, ou que poidan ter materias compatibles con homologación posterior. Ou tamén outra opción perfectamente plausible e desexable é optar por realizar estudos superiores de formación profesional.

Sorte na tirada

O ensino sempre foi virtual

Nestes tempos de alonxamento obrigado, no que os peores virus non son so os informáticos, vémonos na circunstancia de ‘acelerar’ o proceso de actualización do ensino aos medios modernos. E aparece a súpeta e imperiosa necesidade de empregar outros medios que non sexan a clase presencial e masificada para seguir aprendendo e ensinando.

Nas sociedades segundo se foron civilizando e especializando apareceron tanto persoas coma sistemas de aprendizaxe que superaban o proceso de aprendizaxe máis natural que existe, o que se da na familia ou grupo primario de convivencia que por pura observación e imitación chegamos a poder transmitirlle as persoas con experiencia a quen non a posúe.

Temos esas dúas condicións, convivimos persoas que teñen unha experiencia con outras que non a teñen.

Os sistemas de ensinanza e aprendizaxe dende os gregos e romanos xa se basean en especialistas en ensinar e acompañar, pedagogos e titores.

E tamén podemos facer mencíón aos sistemas de ensinanza máis eficaces ao longo da historia. Un por exemplo podía ser a repetición e imitación de exemplos de persoas sabias. Existe una ou un par de persoas sabias, e todas as demáis seguimos os seu sistema ordeado de exemplos e ensinanzas.

Temos ainda a incerteza de se as persoas que deben/queren/poden aprender van a facelo. En todo caso temos que recordar que se aprende de xeito natural coa observación e a práctica.

Todas estas tarefas as podemos facer tanto presencial coma virtualmente.

Existen deseñadoras de sistemas de aprendizaxe e executadoras de sistemas de aprendizaxe dende sempre. O que agora acontece é que o podemos facer dende unha ferramenta e aula que se chama ‘world wide web’, que tén unhas características propias

Rubricar o 2019/20

A educación pública dos últimos séculos baséase en rubricar cunha acreditación as aprendizaxes acadadas.

O seu exceso chámase ‘titulite‘ e ven sendo a expresión de que ‘sen título non eres ninguén’ anque saibas moito de calquera cousa. En todo caso, o deber do Estado de asegurar que cada persoa ‘sabe o que sabe e o que tén que saber’ evita as chapuzas, o voluntarismo e evita que a apariencia ou a clase social impoñan a súa lei.

As ‘notas’ que se dan no final dun curso ou avaliación final veñen a medir o que vale a túa apendizaxe. E exprésase numéricamente de 0 a 10  pero non sempre os números son o reflexo do teu valor.  Todos temos incorporado na mente o de ‘ser de 10’, ‘un cinco raspado’, ‘un notable alto’, para dar matices e se cadra nunca nos fixaramos no valor das palabras coas que no noso sistema se avalía dende hai un século. Sobresaínte debe significar eso mesmo, algo máis ca ‘Notable’ (que destaca, que se fai notar). Cando cualificamos “Ben” a pesar de que é máis ca ‘Suficiente (abondo)’, parece que non o é de todo. O ideal para quen pón notas parece ser o Notable, se non non parece nota digna abondo, anque o sexa.

Nestos tempos, de internet, on line, learning platforms, flipped classrooms, e avaliación en pandemia aparece de novo a ferramenta da Rúbrica para resolver certos dilemas.

A rúbrica o que fai é rubricar, dero tamén deixar claro de principio que cousas son as que fan falla pra acreditar que chegaches a aprender o que se supón que tén que aprender alguén nese curso e idade neste país, cidade e barrio. Eso técnicamente chámanse tamen Criterio de avaliación cualitativos, e veñen ben para circunstancias complexas.

Hai xente que tén falado moito e moi ben de rúbricas. Por exemplo esta profesora de Málaga, publicado polo INTEF (Ministerio) das 5 Cousas que debes saber sobre Rúbricas.

Mírao en : http://formacion.intef.es/pluginfile.php/53145/mod_imscp/content/4/5_cosas_que_debes_saber_sobre_rbricas.html

Alí se di que a rúbrica é un método ideal en moitos casoa pois fai que o alumnado saiba o se lle pide e como pode avanzar, que non hai unha posición estática da aprendizaxe, e non solo se mide o estado dunha enfermidade cun termómetro.

Damos por suposto que se requiren moi diversas cualidades, destrezas e se pose chegar por distintas vías ao coñecemento que o profesorado require.

Para simplificar unha rúbrica nestes tempos de aillamento pode ter 3 niveis.

. Básico: Recóllese o material e devólvese cumplimentado. Ler e copiar.

. Completado: Chégase aos detalles de todo o presentado, entendendo todas as partes e a relación entre elas.

. Excelente: Afóndase no ensinado, compréndese e vaise máis alá, integrándoo e engadindo con elementos persoais (opinións, estilo propio, vivencias propias) e, relacionándoo con outros coñecementos que non se ensinan. Crear e extrapolar.

Nunca está de máis incorporar novas cousas ao que facemos.

Academia na Pandemia

A pesar de todas as limitacións podemos seguir vivindo e aprendendo.  A vida non para. ‘Morrendo e aprendendo’ é un vello refrán que di que incluso no último día da persoa máis vella do mundo deuselle unha oportunidade de aprender.  E algo que podes aprender pódesllo ensinar a outra persoa.

Xa hai 20 anos que aprendemos e ensinamos pola rede de redes.

¿ Coñeces algún lugar web onde aprender ou seguir en forma? Envía e comparte.

 

Para aquel@s que precisen facer as probas de acceso á Universidade que se van facer o 7, 8 e 9 de xullo de 2020 podedes informarvos na web oficial de sempre https://ciug.gal/gal

Para aquel@s que estades pendentes de saber se ides a pasar de curso, aínda haberá que agardar, pois como dixo onte a ministra, o curso 2019/20 ainda non acabou.

 

Un cruce de libros

A fin de semana do 29 ao 1 de maio vaise celebrar en Lugo o X Encontro Nacional de Bookcrossing, que é un movemento internacional de intercambio gratuito de libros.

O Bookcrossing trata de persoas de todo o mundo que “liberan” libros en espazos públicos á espera de que vaia alguén a recollelos e que así  os libros sigan o seu rumbo de lectora en lectora. Hai máis de 100.000 persoas no mundo como usuarias, e varios millóns de libros.

Existen tamén “zonas oficiales de cruce ou liberación “ en Lugo por exemplo a Biblioteca pública etc.

É un movemento espontáneo, organizado informalmente pola web, polos foros, e por un certo protocolo. Fanse “quedadas” (meetups) en moitos lugares do mundo, aos que pode acudir quen desexa a compartir libros, sen mediar ningún tipo de interese editorial, de idade, grupo artístico, lingua, tipoloxía de libro nin sequera do local onde se reúne, que pode ir variando ao gusto dos convocantes.

O procedemento”protocolario” de uso dos libros  (“Tres RRR” :Read, register, release) establece que a cada libro se lle debe asignar un número, unha vez inscrito por unha usuaria, para que así con ese número se poida saber a modo de diario cando se libera, cando se recolleu e cantos países ou lugares recorre.

Sería interesante formar un lugar de liberación en cada barrio ou instituto, ou institución pública para fomentar a cultura da lectura universal, gratuita, xenerosa, de compartir, coma na Universidade de León ou outras.

etiqueta-bookcrossing leon

 

Pero mentras, Lucus BC Encontro 2017.

Resultado de imagen de bookcrossing spain  lugo

 

A información está na web, profe

Esta frase dita por un alumno, suscita un Tema a debate:

Se as matemáticas se poden explicar nunha web claras, con imaxes, a calquera hora do día ou da  noite, gratis, sen sair da casa, con miles de exemplos, graduados, adaptados ás respostas de cada persoa que fai os exercicios.

Se hai xa un profe que xa tén os videos na rede, e é guapo, listo, interesante, con prestixio porque sae na tele, gaña premios mundiais, e tén centos de miles de seguidores.

¿Que lle queda por facer ao profesorado? (Pregunta retórica,  pero imprescindible de contestar).

 

Resultado de imagen de isosceles profe

As PAAU que se chaman agora ABAU

Hoxe publícase no DOG a Resolución (en pdf) para a realizacion da  Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) 2017/18.

Constan de dúas partes:  Unha obrigatoria con 4 materias fixas: LC, LG, L Estranxeira e Historia e unha variable (Latín, Mates Aplicadas, Mates ou Fund. da Arte). Todas de 2º BAC.

Posteriormente, e de xeito voluntario segundo se di: “O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba”.

Esas materias terán unha poderación moi lóxica para acceder a certos Graos, que se concretará.

A Nota de Admisión da que se fala, e coa que definitivamente entrarás na Universidade (coma o 90% das persoas que a fan)será: o 60% a nota do teu BAC,e  o 40% a nota final das túas ABAU.

 

 

 

 

María Balteira é muller do barrio da Piringalla

Maria Balteira é a muller da que máis se fala nas cantigas de Afonso X O Sabio, no século XIII, cando o galego-portugués era a lingua dos católicos da Península Ibérica. Tamén é o nome do Centro Sociocultural que esa no barrio do IES Anxel Fole.

Incluso Marica Campo, a poeta e profesora do Incio tén un libro co nome daquela “soldadeira”. Daquela era case imposible que unha muller se adicase a unha profesión “de homes”, como o da chapista de “tunning” muller que acaba de gañar un premio.

Aqui, no Anxel Fole, celebrando o Dia da Muller, voltou a facerse unha actividade sobre o nome das Rúas das Mulleres. E así apareceu María Balteira, Pardo Bazán ou Elisa de Vega..

Anque a mellor exposicion é a das mulleres in-visibles: nosas nais e aboas.

O Entroido galego tamén fala do mundo enteiro

O Entroido galego é un dos máis completos e mellor conservados do mundo.

Cando os europeos chegaron ás Americas a colonizalas, tamén levaron os seus costumes. (“Costume” en inglés seica quere dicir “disfraz”). Así o Sur dos Estados unidos foi colonizado por españois, e ainda despois polos franceses (Luisiana, Orleáns, todo relacionado cos franceses).

Nova Orleáns, no sur dos Estados unidos de Norteamérica, tén moitos costumes franceses e da poboación afroamericana. Ali, na cuna do Jazz celébrase celébrase o Mardi Gras (Martes Gordo), que é como se chama o carnaval  (en Galicia Martes Lardeiro) en todo o occidente europeo.

Unha característica do Entroido é que a orde “normal” do mundo se revirte. Podemos disfrazarnos de quen non somos. Así tamén era nos colexios menores católicos onde se facían “obisparras” e se nomeaba a un rapaz como abade ou bispo.

Tanto no Entroido Galego (Santiago, Ribeira, Ourense, …) coma o de Nova Orleáns, e aqui no Anxel Fole, o personaxe ḿais parodiado foi o novo POTUS.

TRump Banana.jpg

 

 

Poda de adolescencia na fin do trimestre

O termo científico de Poda sináptica que se produce na adolescencia, refírese á supresión de conexións das células do cerebro, (case un 40% dende os 6 aos 14 anos!). As sinapses son as conexións entre as células. Canto máis e mellores, mellor funciona o sistema nervioso, que é o que nos relaciona co mundo, para sentir, pensar e actuar. E redúcese drásticamente, de xeito natural.

A boa nova é que solo han quedar as conexións fortes, firmes, seguras, que estén conectadas emocionalmente.

A mala nova é que se produce cando as persoas pasamos por unha idade de cambios persoais, sociais, sexuais, etc.

Desa evidencia científica, comentada nos enlaces anteriores, podemos sacar varias axudas:

  • Insistir, con afecto, fará que se queden as cousas máis importantes para sempre. Se insistimos no importante, permanecerá.
  • No momento de caos, irritación, cambio físico dunha persoa adolescente, parece que non vai sair nada bó, pero iso non significa que a persoa sexa mala ou malintencionada, senon que é complexo manexar as súas emocións e pensamentos.
  • Todo o ser está irritable, pois o corpo e a mente, a materia física e a emocional están misturados. Pero se facemos as cousas no bó camiño, servirá para sempre.

 

A poda ou a titorización é un termo moi empregado, como analoxía coa xardinería e a educación. Un titor é o apoio indispensable para que medre a planta nunha dirección segura. E a poda é a supresión daquelas partes que son incómodas ou inútiles para producir ou recoller o froito.

A tradición da noite de fin de ano, que xa se remonta aos romanos, era a de empezar o primeiro día, dende o primeiro momento, comendo algo doce, que inspirara o ano vindeiro. Que o disfrute do froito nos motivase a facer todas esas tarefas imprescindibles (podar e titorizar) moitos meses antes de que se poidan aproveitar.

 

vitis_vinifera_-_kc3b6hlere28093s_medizinal-pflanzen-145