O ensino sempre foi virtual

Nestes tempos de alonxamento obrigado, no que os peores virus non son so os informáticos, vémonos na circunstancia de ‘acelerar’ o proceso de actualización do ensino aos medios modernos. E aparece a súpeta e imperiosa necesidade de empregar outros medios que non sexan a clase presencial e masificada para seguir aprendendo e ensinando.

Nas sociedades segundo se foron civilizando e especializando apareceron tanto persoas coma sistemas de aprendizaxe que superaban o proceso de aprendizaxe máis natural que existe, o que se da na familia ou grupo primario de convivencia que por pura observación e imitación chegamos a poder transmitirlle as persoas con experiencia a quen non a posúe.

Temos esas dúas condicións, convivimos persoas que teñen unha experiencia con outras que non a teñen.

Os sistemas de ensinanza e aprendizaxe dende os gregos e romanos xa se basean en especialistas en ensinar e acompañar, pedagogos e titores.

E tamén podemos facer mencíón aos sistemas de ensinanza máis eficaces ao longo da historia. Un por exemplo podía ser a repetición e imitación de exemplos de persoas sabias. Existe una ou un par de persoas sabias, e todas as demáis seguimos os seu sistema ordeado de exemplos e ensinanzas.

Temos ainda a incerteza de se as persoas que deben/queren/poden aprender van a facelo. En todo caso temos que recordar que se aprende de xeito natural coa observación e a práctica.

Todas estas tarefas as podemos facer tanto presencial coma virtualmente.

Existen deseñadoras de sistemas de aprendizaxe e executadoras de sistemas de aprendizaxe dende sempre. O que agora acontece é que o podemos facer dende unha ferramenta e aula que se chama ‘world wide web’, que tén unhas características propias

Deixa o teu comentario