Abau 2020

Nesets temas de pandemia, as ABAU adáptanse ao alumnado.

A gran novidade é que non haberá que elixir entre opción A e B, con todo o que eso conlevaba de preocupación por escoller o axeitado para cada un. Agora poderás escoller as preguntas que ti queiras para chegar ata un máximo de 10 puntos. Comproba en https://ciug.gal/gal/abau/modelos

Aínda que o índice de probas superadas soe ser de máis do 90%, e que a nota do Bacharelato tén máis importancia que a das probas, é normal sentir inquedanza e certa ansiedade.

Entre as cousas que poden preocupar é a de competir ben sen ter ritmo, e fora de periodo habitual. Asimesmo a preocupación habitual é a de se co que saia de nota vai ser abondo para cursar os estudos superiores que máis prefiras. É habitual sacar entre 1 e 2 puntos menos que a nota de 2º de BAC. Se non se entra na primeira opcións desexada sempre se poden cursar graos que estén na área de traballo, ou que poidan ter materias compatibles con homologación posterior. Ou tamén outra opción perfectamente plausible e desexable é optar por realizar estudos superiores de formación profesional.

Sorte na tirada

Deixa o teu comentario