Rubricar o 2019/20

A educación pública dos últimos séculos baséase en rubricar cunha acreditación as aprendizaxes acadadas.

O seu exceso chámase ‘titulite‘ e ven sendo a expresión de que ‘sen título non eres ninguén’ anque saibas moito de calquera cousa. En todo caso, o deber do Estado de asegurar que cada persoa ‘sabe o que sabe e o que tén que saber’ evita as chapuzas, o voluntarismo e evita que a apariencia ou a clase social impoñan a súa lei.

As ‘notas’ que se dan no final dun curso ou avaliación final veñen a medir o que vale a túa apendizaxe. E exprésase numéricamente de 0 a 10  pero non sempre os números son o reflexo do teu valor.  Todos temos incorporado na mente o de ‘ser de 10’, ‘un cinco raspado’, ‘un notable alto’, para dar matices e se cadra nunca nos fixaramos no valor das palabras coas que no noso sistema se avalía dende hai un século. Sobresaínte debe significar eso mesmo, algo máis ca ‘Notable’ (que destaca, que se fai notar). Cando cualificamos “Ben” a pesar de que é máis ca ‘Suficiente (abondo)’, parece que non o é de todo. O ideal para quen pón notas parece ser o Notable, se non non parece nota digna abondo, anque o sexa.

Nestos tempos, de internet, on line, learning platforms, flipped classrooms, e avaliación en pandemia aparece de novo a ferramenta da Rúbrica para resolver certos dilemas.

A rúbrica o que fai é rubricar, dero tamén deixar claro de principio que cousas son as que fan falla pra acreditar que chegaches a aprender o que se supón que tén que aprender alguén nese curso e idade neste país, cidade e barrio. Eso técnicamente chámanse tamen Criterio de avaliación cualitativos, e veñen ben para circunstancias complexas.

Hai xente que tén falado moito e moi ben de rúbricas. Por exemplo esta profesora de Málaga, publicado polo INTEF (Ministerio) das 5 Cousas que debes saber sobre Rúbricas.

Mírao en : http://formacion.intef.es/pluginfile.php/53145/mod_imscp/content/4/5_cosas_que_debes_saber_sobre_rbricas.html

Alí se di que a rúbrica é un método ideal en moitos casoa pois fai que o alumnado saiba o se lle pide e como pode avanzar, que non hai unha posición estática da aprendizaxe, e non solo se mide o estado dunha enfermidade cun termómetro.

Damos por suposto que se requiren moi diversas cualidades, destrezas e se pose chegar por distintas vías ao coñecemento que o profesorado require.

Para simplificar unha rúbrica nestes tempos de aillamento pode ter 3 niveis.

. Básico: Recóllese o material e devólvese cumplimentado. Ler e copiar.

. Completado: Chégase aos detalles de todo o presentado, entendendo todas as partes e a relación entre elas.

. Excelente: Afóndase no ensinado, compréndese e vaise máis alá, integrándoo e engadindo con elementos persoais (opinións, estilo propio, vivencias propias) e, relacionándoo con outros coñecementos que non se ensinan. Crear e extrapolar.

Nunca está de máis incorporar novas cousas ao que facemos.

Deixa o teu comentario