A pesar de todas as limitacións podemos seguir vivindo e aprendendo. A vida non para. ‘Morrendo e aprendendo’ é un vello refrán que di que incluso no último día da persoa máis vella do mundo deuselle unha oportunidade de aprender. E algo que podes aprender pódesllo ensinar a outra persoa.
Xa hai 20 anos que aprendemos e ensinamos pola rede de redes.
¿ Coñeces algún lugar web onde aprender ou seguir en forma? Envía e comparte.
Para aquel@s que precisen facer as probas de acceso á Universidade que se van facer o 7, 8 e 9 de xullo de 2020 podedes informarvos na web oficial de sempre https://ciug.gal/gal
Para aquel@s que estades pendentes de saber se ides a pasar de curso, aínda haberá que agardar, pois como dixo onte a ministra, o curso 2019/20 ainda non acabou.